SI

SI

mércores, 14 de maio de 2014

"BARRIO SÉSAMO: MONSTRUOS SUPERSANOS"

A Fundación SHE desenvolveu co apoio da Fundación Daniel e Nina Carasso, unha nova serie de TV para promover hábitos saudables entre os mais pequenos.

Cunha combinación de educación e entretemento, os simpáticos Muppets Elmo, Monstruo de las Galletas, Coco, Blas, Epi, Rosita e un novo personaxe chamado Dr. Ruster, Barrio Sésamo: Monstruos Supersanos difundirá mensaxes educativas positivas sobre os alimentos mais beneficiosos para o corpo e o corazón, a práctica de exercicio físico, a xestión das emocións e o coñecemento sobre o funcionamento do corpo e as señais que este nos manda.




O Dr. Fuster e o Dr. Ruster

Para mais información visite o enlace.

ACTIVIDADE SEMANA DA SAÚDE



Durante a semana do 6 ao 10 de Maio os alumnos e alumnas de Ed. Infantil celebraron a Semana da Saúde, promovida polo programa de saúde integral "Programa Si" considerado un Proxecto de Innovación polo que o noso Centro aposta por ser básica unha boa alimentación para un óptimo rendemento académico e unha actitude positiva ante a vida para disfrutala intensamente e de forma saudable.

Ao longo de toda a semana os nenos/as participaron nunha gran variedade de actividades destinadas a crear neles hábitos de vida saudables que poidan contribuir a unha saúde cardiovascular e a unha boa calidade de vida.


Entre as actividades que se realizaron destacan:
  • Almorzos saudables.
  • Visita á horta interxeneracional.
  • Realización dun obradoiro de elaboración de pan.
  • Obradoiro de froita.



¡E como non! Visitounos "Cardio", a tan esperada mascota do programa SHE, veu unha tarde ao colexio a coñecernos e xogar activamente cos nenos.



Para ver as imaxes da visita pincha aquí.




CONSELLOS PARA UNHA BOA SAÚDE









Levar a cabo un estilo de vida saudable, tanto os adultos como os mais pequenos, implica levar unha dieta equilibrada, rica en froitas e verduras, practicar actividade física a cotío, coidar e coñecer o noso corpo, e coñecer e xestionar de maneira axeitada as nosas emocións. 
Estes catro pilares fundamentais son os que traballamos, levando a cabo Unidades Didácticas, realizando xogos para aprender a identificar e xestionar as súas emocións, contando contos, celebrando a Semana da Saúde, así que … póndevos en marcha e coidade moito ao voso cardio, que co tempo, volo agradecerá.
¡Saúde!

HIPÓTESE E COMPOÑENTES BÁSICOS DO PROGRAMA




O Programa SI! nace da vontade do Dr. Valentín Fuster de difundir entre a sociedade hábitos de vida saudables que poidan contribuir a unha saúde cardiovascular e a unha boa calidade de vida.


Hipótese: “A adquisición de hábitos saudables dende a infancia reduce os riscos da enfermidade cardiovascular e mellora a calidade de vida na idade adulta”.

Esta hipótese desenvólvese a través dun programa de intervención escolar, que unha vez implantado en todos os niveis educativos – infantil, primaria e secundaria – debería incidir no coñecemento, actitudes e hábitos respecto á saúde dos escolares, as súas familias e o profesorado.

O principal factor de risco cardiovascular, tanto en adultos como en idade infantil, é a obesidade e os seus factores asociados como a diabete e a hipertensión, fruto dunha alimentación insá e de uns baixos niveis de actividade física. Ademais, outros factores de risco das enfermidades cardiovasculares, tipicamente estudados en poboacións adultas, tamén comezan a estar presentes na poboación infantil española.

Tendo en conta os factores principais de risco cardiovascular, e seguindo unha visión global de promoción da saúde (Saúde Integral) que vai más alá da prevención da obesidade, o Programa SI! incide en catro compoñentes básicos e interrelacionados entre si:



  • Adquisición de hábitos de alimentación saudable.
  • Desenvolvemento da actividade física.
  • Coñecemento do funcionamiento do corpo e do corazón.
  • Xestió das emocións e fomento da responsabilidade social como factores de proteción fronte ás adicións e ao consumo de substancias estrañas para o organismo (tabaco, alcol e drogas).

Estes eixes básicos están intimamente ligados co desenvolvemento da persoa polo que o Programa SI! tamén pretende provir ao individuo, coas habilidades e valores necesarios que permitan ao neno e ao xove actuar positivamente respecto a súa saúde durante toda a vida.

Para mais información preme aquí

DESCRICIÓN DO PROGRAMA


NO SEGUINTE VÍDEO O DOUTOR VALENTÍN FUSTER EXPLICA EN QUÉ CONSISTE O PROGRAMA SI!







Como ben sabedes, na actualidade a enfermidade cardiovascular continúa sendo a principal causa de morte no mundo. Os factores de risco cardiovascular preséntanse cada vez a unha idade mais temperá, facendo que as actividades preventivas e de promoción da saúde se focalicen na infancia. Numerosos estudos demostran que estes factores pódense combater nos nenos mediante intervencións escolares. Ao mesmo tempo, os datos demostran que existe unha persistencia dos estilos de vida pouco saudables (sedentarismo, consumo de tabaco, etc.) que comezan na infancia e se perpetúan ata a vida adulta. Por todo isto unha das principais medidas de prevención é actuar dende a infancia e así lograr que se adopten hábitos de vida saudables que permitan o desenvolvemento dunha vida sá e plena.


A Fundación SHE (Science, Health and Education) desenvolveu o Programa SI! baixo o convencemento de que a mellor maneira de prever a enfermidade cardiovascular e mellorar a calidade de vida nas persoas adultas é a prevención dos seus factores de risco grazas á adquisición de hábitos de vida saudable. Educando non só en coñecementos, senón en valores e actitudes de respecto á saúde, como fundamentos básicos para a adquisición de condutas saudables que perduren durante toda a vida.
Na páxina seguinte podedes atopar mais información: