No Colexio Plurilingüe Divina Pastora entre os diversos programas de innovación educativa implementou no curso 2012/2013 o Programa SI! (Saúde Integral) na Etapa de Educación Infantil coa coordinación da Consellería de Educación do Concello de Ourense.
A continuación deixámosvos as ricas e saudables merendas que os nenos de catro anos de Educación Infantil recrearon con plastilina ou mediante debuxos:
Todas elas son súper orixinais! Un aplauso para os nosos chefs!