SI

SI

mércores, 14 de maio de 2014

HIPÓTESE E COMPOÑENTES BÁSICOS DO PROGRAMA




O Programa SI! nace da vontade do Dr. Valentín Fuster de difundir entre a sociedade hábitos de vida saudables que poidan contribuir a unha saúde cardiovascular e a unha boa calidade de vida.


Hipótese: “A adquisición de hábitos saudables dende a infancia reduce os riscos da enfermidade cardiovascular e mellora a calidade de vida na idade adulta”.

Esta hipótese desenvólvese a través dun programa de intervención escolar, que unha vez implantado en todos os niveis educativos – infantil, primaria e secundaria – debería incidir no coñecemento, actitudes e hábitos respecto á saúde dos escolares, as súas familias e o profesorado.

O principal factor de risco cardiovascular, tanto en adultos como en idade infantil, é a obesidade e os seus factores asociados como a diabete e a hipertensión, fruto dunha alimentación insá e de uns baixos niveis de actividade física. Ademais, outros factores de risco das enfermidades cardiovasculares, tipicamente estudados en poboacións adultas, tamén comezan a estar presentes na poboación infantil española.

Tendo en conta os factores principais de risco cardiovascular, e seguindo unha visión global de promoción da saúde (Saúde Integral) que vai más alá da prevención da obesidade, o Programa SI! incide en catro compoñentes básicos e interrelacionados entre si:



  • Adquisición de hábitos de alimentación saudable.
  • Desenvolvemento da actividade física.
  • Coñecemento do funcionamiento do corpo e do corazón.
  • Xestió das emocións e fomento da responsabilidade social como factores de proteción fronte ás adicións e ao consumo de substancias estrañas para o organismo (tabaco, alcol e drogas).

Estes eixes básicos están intimamente ligados co desenvolvemento da persoa polo que o Programa SI! tamén pretende provir ao individuo, coas habilidades e valores necesarios que permitan ao neno e ao xove actuar positivamente respecto a súa saúde durante toda a vida.

Para mais información preme aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario