Durante a semana do 6 ao 10 de Maio os alumnos e alumnas de Ed. Infantil celebraron a Semana da Saúde, promovida polo programa de saúde integral "Programa Si" considerado un Proxecto de Innovación polo que o noso Centro aposta por ser básica unha boa alimentación para un óptimo rendemento académico e unha actitude positiva ante a vida para disfrutala intensamente e de forma saudable.
Ao longo de toda a semana os nenos/as participaron nunha gran variedade de actividades destinadas a crear neles hábitos de vida saudables que poidan contribuir a unha saúde cardiovascular e a unha boa calidade de vida.
Entre as actividades que se realizaron destacan:
- Almorzos saudables.
- Visita á horta interxeneracional.
- Realización dun obradoiro de elaboración de pan.
- Obradoiro de froita.
¡E como non! Visitounos "Cardio", a tan esperada mascota do programa SHE, veu unha tarde ao colexio a coñecernos e xogar activamente cos nenos.