SI

SI

luns, 11 de xaneiro de 2016

SEGUIMOS APRENDEDO CO PROGRAMA SI!


Despois da gran acollida por parte das familias e alumnos do Programa SI! o curso pasado, este ano non queríamos que os nosos nenos se perderan os divertidos consellos e actividades que o Doutor Valentín Fuster nos ofrece. 


 Recordamos que este programa ten o seu nacemento a través da Fundación SHE (Fundation for Science, Health and Education), creada polo Doutor Valentín Fuster co obxetivo de impulsar, mediante a educación, a adquisición de hábitos de vida saudable dende a infancia e, así, promover xóvenes e adultos que teñan a capacidade de actuar positivamente respecto a súa saúde. Pretende disminuír or riscos das enfermidades cardiovasculares nos nosos nenos, mellorar a saúde dos máis pequenos a longo prazo e proporcionarlles unha vida adulta de calidade.

 Seguindo unha visión global de promoción da saúde, o programa incide en catro compoñentes básicos interrelacionándoos entre sí: alimentación saludable, actividade física, coñecemento do corpo e do corazón e prevención de adiccións e consumo de substancias extrañas (tabaco, drogas...). Para lograr todo isto, distingue catro tipos de destinatarios ou participantes: os alumnos (3 a 16 anos), as familias, o profesorado e ambiente escolar (comedor, oferta de actividades extraescolares). Todos eles, realizarán variadas actividades e xogos na casa, nas aulas, a través da páxina web... sempre adaptadas ás diversas etapas escolares, así coma, sesións informativas e conferencias de expertos mediante as cales lograrán interiorizar os pasos básicos para acadar unha boa calidade de vida.

Todo o Colexio Divina Pastora estamos dispostos a participar e deixarnos aconsellar polo Doutor Valentín Fuster para ser fortes e sans outro ano máis!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario