SI

SI

martes, 3 de febreiro de 2015

COCIÑAMOS UN ALMORZO RICO E SAUDABLE!

Os nenos do Colexio Plurilungüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense queren saber o que é unha dieta variada. Para explicarllo os profes e o Programa Sí! pensamos que poderían comprender o seu significado a través do concepto Comer cores. Ademáis, á hora de falar de alimentación os nenos tamén se decataron da gran importancia que teñen o almorzo e as froitas e do divertido que é cociñar e probar cousas novas, xa que, está comprobado que a forma máis eficaz de que os rapaces e rapazas proben novos alimentostos é permitirlles que colaboren na elaboración dos pratos.

Por esto, propúxose a actividade  "¿Que almorzamos?", a través da cal os rapaces axudados polas súas familias participan na elaboración dun almorzo. Pero este almorzo non pode ser un almorzo calquera, senón que ten caracterizarse por ser colorido, completo e saudable, por exemplo batidos de frutas, tostadas con aceite, tortitas integrais con fresas ou kiwis... Unha vez teñan pensado o que queren facer chega o momento de reproducilo con plastilina ou mediante un debuxo.


Aquí están algúns dos almorzos saudables e coloridos que fixeron os nenos cas súas familias!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario