SI

SI

martes, 12 de xaneiro de 2016

XOGANDO APRENDEMOS A COIDARNOS


Profesores e alumnos estamos preparados para poñernos en marcha e comezar a seguir os bos consellos que o Doutor Valentín Fuster nos recomenda para  adquirir hábitos saudables e lograr unha unha boa calidade de vida.

Ao longo deste curso os nosos nenos realizarán seis divertidas actividades para aprender a estar sans e fortes. Aprenderán a realizar unha merenda rica e saudable, coñecer o seu corpo, a importancia de descansar, a importancia da actividade física, o desenvolvemento da autoestima e control das emocións.

Ademáis, os máis pequenos, terán a responsabilidade de coidar do noso amigo Cardio, sendo responsable del cada neno da clase durante unha semana. Os cativos e as súas familias deberán tomar nota nunha libreta das aventuras e actividades que realizan con Cardio formando así un gran Diario no que se recollan as experiencias vividas ao longo do curso. Non dubidedes de que se vos informará das peripecias que viva Cardio!

 Esta semana, os nenos de catro anos do noso cole realizarán a actividade COCIÑAMOS UNHA MERENDA RICA E SAUDABLE. Según o Dr. Valentín Fuster a mellor forma de que os nenos e nenas proben novos alimentos é permitíndolles que colaboren na elaboración dos pratos, por elo, para lograr unha alimentación variada e equilibrada, nesta actividade anímase a que pais e fillos realicen, de maneira conxunta, unha rica e saudable merenda. Despois de desfrutar do delicioso prato deberán reproducilo con plastilina para poder levalo á aula e explicarlle ao resto dos seus compañeiros en que consistíu. 

 Esperamos con impaciencia descubrir e mostrar os orixinais e exquisitos manjares que os nosos pequenos chefs cociñarán!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario