Aos nenos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense impórtalle moito a súa saude xa que queren ser rapaces fortes e sans. Por este motivo traballaron acerca da importancia da práctica de actividade física diaria e dunha boa hixiene persoal.
A actividade física pode realizarse case en calquera momento do día, e na infacia realízase principalmente a través do xogo.O Programa Sí! e os profes, consideramos que a adquisición de hábitos de actividade física e hixiene son clave para levar un estilo de vida saudábel en idades futuras, que favorezan a unha maior calidade de vida.
Para conseguilo, os nenos de Infantil traballaron en familia na acticvidade chamada "Xogos de sempre". Esta actividade consistía en pasar un rato divertido en familia mediante xogos tradicionais que precisasen realizar actividade física. Despois os nenos tomarían unha foto ou realizarían un debuxo daquel xogo que máis lle gustase.
Aquí están algunhos dos debuxos e fotos que os nenos realizaron cas súas familias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario